O apalpador é un personaxe lexendario galego que leva regalos aos nenos polo nadal.
O apalpador vive nos montes de Galicia, sae da súa casa o 31 de decembro e visita
aos nenos e nenas que están dormidiños, tócalles a barriguiña para ver se teñen fame ou se están cheos.
Se están cheos deséxalles que sigan así todo o ano e déixalles un puñado de castañas.
Se están famentos non lles di nada pero tamén lles deixa un puñado de castañas.