jueves, 26 de diciembre de 2013

VISITA DE PAPÁ NOEL

O BOSQUE

A actividade " O bosque" está relacionada co proxecto " Doce meses,12 paisaxes" . Rodolfo e Yanet fixeron unha presentación dos elementos máis importantes do bosque. Aprendemos nomes de árbores, animais. Sementamos landras para observar o seu crecemento ,falamos da importancia do coidado dos espazos naturais.

sábado, 30 de noviembre de 2013

O APALPADOR

O apalpador é un personaxe lexendario galego que leva regalos aos nenos polo nadal. O apalpador vive nos montes de Galicia, sae da súa casa o 31 de decembro e visita aos nenos e nenas que están dormidiños, tócalles a barriguiña para ver se teñen fame ou se están cheos. Se están cheos deséxalles que sigan así todo o ano e déixalles un puñado de castañas. Se están famentos non lles di nada pero tamén lles deixa un puñado de castañas.

BO NADAL

jueves, 14 de noviembre de 2013

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL NA BIBLIOTECA

Ánxeles a aboa de Xiana
e Irene a nai de Sabela contaron a historia dunha árbore máxica e dun lobo branco.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

domingo, 7 de abril de 2013

RECICLAMOS NA PRIMAVERA

Coa axuda das familias temos un pequeno museo da primavera.Frores, bolboretas,e paxariños alegran a escola.

viernes, 8 de febrero de 2013

FESTA DO ENTROIDO

Os hippies visitan a Miñoca.Ó chegar á clase probamos as orellas e as frores de entroido. !Boiiiiiiiísimas!.

miércoles, 6 de febrero de 2013

PREPARANDO O ENTROIDO

TODOS E TODAS TRABALLAMOS UN MONTÓN. PINTAMOS AS CAMISETAS NA CLASE , EMMA A NAI DE ÓSCAR PREPAROU UNHAS PANCARTAS FENOMENALES , TAMÉN TEMOS UN CABEZUDO QUE FIXO ANXO E A SÚA FAMILIA.!

viernes, 1 de febrero de 2013

CAMISETAS DIVERTIDAS

Hoxe pasámolo moi ben . Rodolfo e Yanet estiveron na escola para axudarnos a facer camisetas de cores divertidas .Xa queda pouco para o Entroido e as camisetas hippies quedaron güai.

Moitas grazas pola vosa axuda.